Carlos Gende é de Cerceda, ten 23 anos e é estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Até aquí, nada especialmente sorprendente. Pero o que ten de particular é que gañou o concurso 3, 2, 1… click da Concellaría de Xuventude de Vigo cunha intepretación do Himno mediante beatbox, unha técnica actualmente vencellada ao hip-hop e que se caracteriza por realizar todo o acompañamento instrumental coa propia voz.

Fonte: Vieiros