PDF Undo é unha ferramenta en liña que permite converter un fichero en formato PDF nun fichero de Word.

O seu modo de emprego é sinxelo, basta con localizar o fichero en pdf, pulsar o botón de conversión e descargarse o fichero de word. O resultado é optimo aínda que depende da complexidade do documento PDF.

Ainda que eu persoalmente son partidario dos formatos abertos, e non dos privativos como .doc é unha ferramenta interesante esta.

Ligazón: PDF Undo.