Emma McGrattan, vicepresidenta de tecnoloxía da empresa Ingres e unha das programadoras de mais alto rango en Silicon Valley insiste en que os homes e as mulleres escriben código de forma moi diferente. As mulleres teñen máis consideración con aqueles que usasen o código máis tarde. Adoitan intercalar entre o seu código cadeas completas de instrucións e comentarios, para explicar porqué escribiuse determinada linea e que camiño utilizaron para elo.

O código convértese nunha especie de “guía” para outros que talvez queiran modificar ou engadir algo, segundo McGrattan, que leva en Ingres desde 1992.

Os homes pola contra non teñen tanta delicadeza. A miúdo “tratan de demostrar a súa intelixencia escribindo un código moi críptico”, segundo conta no blog de Bussiness Technology. “Eles tratan de ofuscar as cousas no código”, e non deixan instrucións claras para aquelas persoas que teñen que usalo despois. McGrattan se jacta de que o 70-80 por cento das veces pode distinguir, vendo un fragmento de código, se foi escrito por un home ou unha muller.

Nun esforzo por facer o código informático de Ingres máis fácil de utilizar, ela axudou a instaurar novas normas de codificación na empresa. Esixen incluír aos programadores un conxunto detallado de comentarios antes de cada bloque de código para explicar que función cumpre ese fragmento e por que. Os desarrolladores tamén deben presentar unha lista detallada dos cambios efectuados que se levaron a cabo no código. As normas aplícanse tanto aos empregados de Ingres como aos membros da comunidade open source que contribúen no código dalgúns dos seus produtos.

En Ingres ao redor dun 20 por cento dos enxeñeiros son mulleres, di McGrattan. A maioría das cales están en postos que implican unha garantía de calidade ou a adaptación do produto a unha nova localización. O traballo pesado de escribir código déixanllo a eles.

Ao meu parecer os razonamentos son bastante sexistas porque:

  • Nin todas as mulleres usan un código amigable, nin todos os homes saben  programar en modo críptico.

  • Alguén se parou a ver o código de google.com ? Se o mirades iso si que é críptico está todo en 4 liñas.
  • Glazdero segun esta tipa, non eres home ?? xDDD

Fonte: BusinessTechnology