google_vs_microsoft.jpgGoogle reaccionou á oferta de Microsoft para mercar o seu rival Yahoo afirmando que a compañía de Bill Gates rompe os principios do negocio. Nunha carta escrita polo vicepresidente de Google, David Drummond, afirma que o anuncio de Microsoft vai contra a apertura e a innovación, que deben predominar na rede, e pregúntase se Microsoft vai exercer na internet unha influencia “inapropiada e ilegal” como no mercado dos computadores.

Pola súa banda, Yahoo afirmou que a oferta de compra “non solicitada” será estudada polo seu Consello de Administración. Polo momento, xa está a considerar unha alianza con Google para facerlle fronte á proposta de Microsoft e, en calquera caso, conseguir que aumente a súa oferta de 30.000 millóns de euros.

Pero a cuestión é que non só estan estes no mundo de internet e da informática existe outras grandes empresas como IBM , SUN , … que poderían estar interesadas en entrar no negocio da internet. Por desgraza cada vez o espazo de internet estase a reducir a duelo entre 2 empresas e necesario a entrada de máis empresas e máis inovación.