Os reis chegan a Xuventude Galiza Net 2008, e traen de agasallo entradas de balde para os que se dean de alta antes do día 6 de xaneiro.

Se as dúas últimas cifras do premio gordo do sorteo do neno coinciden coas dúas últimas cifras do teu número interno de inscrición (podes consultalo no teu perfil persoal da web), parabéns, este ano asistirás de balde a Xuventude Galiza Net.

O día 7 de xaneiro poderás consultar na túa ficha de usuario se fuches agasallado.

O meu número é o 48, a ver se toca.