Despois de aburrirme a entender e estudiar o algoritmo de Dijkstra atopei que o científico este é neerlandés. Entre as súas contribucións á informática está o algoritmo de camiños mínimos; tamén coñecido como Algoritmo de Dijkstra. Recibiu o Premio Turing en 1972.

O máis curiosos son estas citas:

  • “É practicamente imposible ensinar programación correctamente a estudantes que estiveron expostos á linguaxe BASIC con anterioridade. Como potenciais programadores, teñen a mente mutilada sen esperanza algunha de rexeneración.”
  • «A pregunta de se un computador pode pensar non é máis interesante que a pregunta de se un submarino pode nadar.»
  • «A ciencia da computación non trata sobre as computadoras máis do que a astronomía trata sobre os telescopios.»
  • “O esforzo de utilizar as máquinas para emular o pensamento humano sempre me pareceu bastante estúpido. Preferiría usalas para emular algo mellor”.