Na web do Ministerio de Industria , Turismo e comercio, textualmente dí:  “En todos los casos, el canon únicamente se paga en una ocasión, al adquirir el producto.”

Pois poñamonos no seguinte caso:

  • Pagaremos o caNON  por mercar o noso mobil
  • Pagaremos o caNON  por baixar a nosa canción favorita ao noso operador ou terceiras empresas.
  • Pagaremos o caNON pola nosa tarxeta de expansión de memoria.
  • Pagaremos o caNON  polo noso disco duro don almacenamos as nosos contidos, por exemplo fotos, melodias do mobil.
  • Pagaremos o caNON  polos CD’s - DVDs para grabar as nosas fotos, videos, etc.

Acabo de listar 5 motivos polos que pagarás por poder escoitar música no mobil e no PC e todo unha mesma canción mercada de forma legal.