Nas portas de sair a nova versión de Ubuntu son os de Mandriva os que nos dan outra alegría o sacar tamén unha nova versión, dado que xa é prácticamente definitivo a nova Mandriva 2007.1 Spring que sairá o próximo 10 de Abril. Entre as súas novidades máis destacables atópanse:

  • WengoPhone, software libre para VoIP.
  • Google Picasa, a ferramenta de Google para xestionar fotos.
  • Google Earth, que non necesita presentación.
  • Será compatible co mando da Wii Remote.
  • Drakvirt, unha ferramenta de configuración para máquinas virtuales.
  • Mellora das ferramentas de configuración de Mandriva (as variadas draktools).
  • E o cifrado de datos máis fácil e sinxelo, con dm-crypt e DrakLoop.