Un profesor da Universidade de Wáshington anunciou que o seu equipo foi capaz de crear estatuas en 3D, como a da foto da dereita, superponiendo ducias de fotos de Flickr. Tal e como comentou na nota de prensa: ?O gran logro aquí é ser capaz de calcular modelos moi exactos en 3D empregando as fotos das vacacións da xente?. O profesor creou unha ferramenta software chamado Photo Tourism, que permite calcular as profundidades baseándose nos varios ángulos do monumento, recollidos polas diversas fotos dos turistas. Tal e como explica o coautor alemán: ?Consegues múltiples vistas dunha escena desde puntos diversos, e logo atopas o mesmo punto en diferentes vistas, e delas inferes a profundidade do obxecto?.

Traducido de 3D Models from Flickr Photos (Por Alexis Madrigal)