O próximo día 18 de decembro, tal e como se aprobou na Asemblea de Estudiantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña do pasado mércores, realizarase unha concentración no Obelisco ás 20:00, na que participará Víctor Carneiro, profesor deste centro, dando unha clase de redes, ou algún outro tipo de charla, na propia rúa.

En dita Asemblea acordouse que, para facilitar a asistencia de traballadores a esta concentración, faríase ás 20:00, e dado o cedo que anoitece nesta época do ano, levaríanse velas para facer a concentración máis rechamante e peculiar.

Cartaz: Macías López