[caption id=”attachment_1099” align=”alignleft” width=”300”]Cortaderia Especie Exótica Invasora Cortaderia - Especie Exótica Invasora[/caption]

O sábado 5 participei en Cambre no VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Rios, no cal falei do traballo que estamos a realizar dende a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña coas especies exóticas invasoras.

Seguramente vos pregungades, que é unha planta invasora? É unha especie provinte dunha área xeográfica  diferente se introdúcese de forma intencionada ou accidental nunha área en que se naturaliza, é capaz de reproducirse e propagarse aumentando a súa extensión e afectando dalgunha forma ao ecosistema ao que invade. O proceso das invasións biolóxicas ten tres fases principais. Na primeira, a especie é transportada, de forma intencionada ou non, a unha zona en que non é nativa. A segunda fase é a aclimatación, fase en que a especie se naturaliza aínda que non experimenta ningunha expansión. A terceira fase

consiste na propagación e colonización de novas zonas por parte da invasora. A escala temporal destas fases é impredicible.

A problemática das invasións biolóxicas é que  ocasionan grandes perdas económicas. Só nun ano, estas invasións causaron un gasto que quintuplica o orzamento da guerra de Iraq e, respecto aos prexuizos ecolóxicos, son a segunda causa de perda de biodiversidade, despois da destrución de hábitats.

[wp_ad_camp_1]