Este nova surxiu porque Sergio un compañeiro da FIC (Facultade de Informática Da Coruña), envioume unha ligazón da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Eu todo intrigado mentras cargaba a web, pensando anda que será unha bolsa de transporte, ou algunha cousa do estilo. Finalmente atopo cunha mensaxe que me enoxou tanto, non sabía se chamar ao desenrolador da web, se chamar a consellería, ou cuspirlle na pantalla a esa “merda web”.

merda

Nesa web mostráseme un escandaloso mensaxe  ” Microsoft Internet Explorer required”, e pensando isto non pode ser certo. Menuda desigualdade para os usuarios, porque digo isto. Pois o Internet Explorer só funciona no SO (Sistema Operativo) de Windows, entón esta web estame obrigando a mercar un SO e unha aplicación en concreto e isto non se pode permitir dunha administración pública, para acceder a uns contidos de todos os cidadáns.

O titular da nova ven a que o slogan de dita conselleria é “Onde vivimos importa” e a web do mosqueo é a seguinte

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/default.asp

Hoxe que comezo impartindo un curso de desenrolo de páxinas web, espero comentar xa isto. Como non se deben facer as cousas.