Os concursos fotográficos da Xuventude Galiza Net merecen un tribunal de primeira, porque cada vez son máis un timo ou como se dí XGN un “TONGO !!!!!!”, con este tipo de xurados o que xenera é desilusión dos participantes ademáis de conseguir unha imaxen non desexada.

Na XGN existen dous concursos fotográficos un organizado e arbitrado por eles chamado “Descobre Santiago” e outro “Foto XGN” que ten como xurado ao xornal Vieiros.

No Descobre Santiago, teñen como obxetivo que os concursantes deben captar coa súa cámara dixital unha imaxe orixinal, no marco da cidade de Santiago de Compostela. Ademáis disto nas bases do concurso apenas existe información, por non existir nin existe unha lista cos puntos principales que valorará o xurado. Con isto xa teñen a coaedeira para realizar a “Tongada” (a palabra axeitada sería cacicada). Por enriba en ningun dos dous concursos fotográficos non publicaron as imaxenes presentadas polas pantallas como é o habitual nestes encontros e que claramente dame a pensar no oscurantismo deste concurso e tamen do evento.Nesta edición a fotografía agraciada foi a seguinte:

[singlepic=113,320,240,,]

A cal creo que non se axusta nin a temática de “Descobre Santiago” nin é orixinal nin ten a calidade fotográfica necesaria. Eu creo que xusta gañadora debería ser a fotografía de Iván Palleiro Pérez, que é esta

[singlepic=118,320,240,,]

A restantes imaxenes presentadas son as que se amosan a continuación e vos podedes xulgar cal é para vos a mellor, pero creo que claramente non é esa a gañadora. No concuros de Vieiros sucedeu algo semellante.

[gallery=14]

A miña foto publicada é esta, debería recortala máis e encadrala mellor.

[singlepic=106,320,240,,]