Hoxe 17 de Maio é o día da miña Lingua, o Galego, e tamén da Internet e da Sociedade da Información e queria facer unha reflexión colectiva que recentemente o goberno ven de amosar o programa ABALAR co cal se pretende innovar e modernizar o ensino. Isto faime reflexionar se ter computadoras, PDAs, canóns de video, videoxogos,… e moitsimas aplicacións para traballar en rede serven para algo, mais mentras non haxa un cambio de metodoloxía a escola segue sendo a mesma e so tiramos cos cuartos (aconsellovos ver este video).

Realmente este goberno intenta vender unha imaxen dun ensino moderno e futurista coas novas tecnoloxías  e tamén co Decreto do  Galego, esquecense que as escolas son a oportunidade para para alfabetizar a sociedade e a mellor forma de achegar a cultura, un dos principios básicos das escolas Republicanas. Digo isto porque o actual Decreto do Galego do Sr Feijoo o único que aporta é o descoñecemento dunha cultura e dunha lingua Galega cunha nube de fume modernidade.

Imos aviados  que voltamos aos séculos escuros 2.0!