Na residencia temos companheiros de varias partes do estado, soprendeume que hai bastante xente hospedada de Europa do Leste.

O primeiro dia de clase, fixen o ansiado e temido test de nivel. Foron 80 preguntas en 45 minutos sobre gramatica e compresi’on de textos, a min non me deu tempo a rematalo.

Os companheiros son unha “mescolanza” de paises, Eslovaquia, Ucraina, Croacia, Italia, Rusia,… Ainda asi sobre a metade da xente e’ de Espanha.

Cando facemos traballos por parellas, de momento non me tocou con espanhois, en teoria estas obrigado a entenderte en ingle’s. Pero eu conseguin facer unha pequena trampa coa Italiana ela fala en Italiano e eu en Galego todo misturado con algo de ingle’s, a situacio’n foi bastante co’mica.

As clases son bastante amenas, facemos moito speaking. Danse situacions onde cantidade de acentos de ingles son curiosos, como pode ser o acento de granadino vs ucraino.

Fora da academia, sintome como un autentico “guiri”, perdido e desnortado nunha illa-cidade moi peculiar. Os edificios concordan mais con estar en Africa, que nunha cidade da Union Europea. Son xente moi cato’lica, sorprendeume as procesi’ons que montan, que paran toda a cidade. Nestas procesions deixan as figuras dos santos varios dias espostas na r’ua, pero esta devoci’on non ten limites. O outro d’ia iamos subir a un bus que vinha da praia e ao meu irman lle dixeron que sen a camisola non podi’a subir, unha cousa que ‘e habitual noutros paises na ‘epoca de calor. Logo dentro do autobus descubrimos enriba da cabeza do choffer un altar cunha virxe, pero tanto FANATISMO CAT’OLICO non ten limites, nesta illa.

Nos ultimos asentos do bus o que coincide no medio disponhiase como asento unha caixa de cervexas. Esta imaxe fixome recordar a fai moitos anos atr’as.

As praias son moi cativas, respeto as galegas, a gran maioria son prais de rochedo. As que tenhen area son praias de “area de gato” (area artificial). Pero isto e’ compensado coa temperatura da auga, parece que te metes nunha banheira enorme, ainda que produce algunha molestia a concentracion de sal nos ollos.

Esta foto ‘e da Praia de Cominio, unha das mellores prais de Malta, o fondo da praia ‘e de area. Os bordes da praia son de rochedo duro e molesto para os pes. Esta praia chamase a Lagoa Azul, pola sua cor da auga. Esta lagoa ‘e de auga salgada. Cominio Praia Existen uns cantiles nesta ille moi fermosos, alguns semellan ser fiestras ao ceo. Laguna Azul