Onte venres fun a comer a Facultade de Económica e Empresas da UDC, e como sempre que vou o primeiriño que fago é ver o menú que sorpresa que nos depara, porque sempre teñen algunha cousa que non coñezo ( xD) como hoxe que teñen “Berengena” se vos fixades o menú comeza en galego e despois pásase ao castelán, e donde está o punto de inflexión galego ao castelán ? Pois moi sinxelo na liña “Berengena Gratinada” porque en galego sería Berenxena e en castelán sería Berenjena. O máis estrano é que cando vimos nos eso quedamos abraiados con aquel termo Coruño e que xa era unha hora bastante tarde e ninguén se percatara dese erro nin tomara laboura por arranxalo.

Despois tocou pasar polos mostradores e alí sempre teñen tódolos días ensalada, que soe ser o que collo pero para miña sorpresa era a mesma ensalada do mércores, xoves e de hoxe (venres). Non sei como se atreven a por sempre a mesma leituga onde se ve claramente que esta oxidada e con algunha leituga media murcha. Pena de non ter unha foto que saira ben a leituga xD.

Logo os callos máis ben parecía unha sopa de de garanbazos e a pescada tiña un alí un aspecto un pouco a cocida indescriptible que decia non me comas. O arroz con albóndegas pois nada máis que decir que era arroz con sal e un pouco cocido sen mais aquel, e que non me atrevería a tomar as albóndegas despois da última experiencia que tiven alí con elas que parecían unhas bolas de carne irrompibles e cun saborcillo a rancio.

Ao final tomei unhas as berenxenas e unhas milanesas con patacas fritidas (xa que se agotaran as pescadas), as patacas estaban algo refritidas, o de refritidas refirome a cando as friten primeiramente e non chegan ao punto exacto de coción e logo volvenas ao aceite para sacar para fora as patacas quentes, o problema e cando repites esta operación e volves refritir entón xa imos a ter as patacas que escapan polo planto cando as queres coller co garfo.

Con todo isto a cafetería de ADE (económicas) e das que mellor preparan a comida segun a xente que eu coñezo e pola cantidade de xente que ten, a miña pregunta é ¿a xente sabe ben o que é a comida? non é só o feito de tapar un oco no estómago ou unha necesidade biolóxica. Outra reflexión se o servizo da cafetería ten uns prezos reducidos respecto doutros lugares é porque reciben unha axuda económica da propia universidade, non deberiamos os alumnos poder evaluar este servizo nas enquisas que nos fan, sobre os profesores, o servizo da biblioteca, …