[singlepic id=151 w=320 h=240 float=left]Nestes días de temporal e aburrimento o único que apetece e estar na casiña. Entroume algo de melancolía da miña infancia, os  días de inverno nos cales estaba ao redor da estufa de leña ou da cociña de leña na aldea. Esas horas que pasabas con esa calor mansa e agradable que te tornaba do afiado e bravo frío do exterior.

Nos días tan grises, o que soiamos facer era xogar ao redor da máxica cociña, e os mellores días era cando tocaba facer algunha larpeirada. Hoxe recordei facer unha larpeirada que me gusta moito, as filloas. Ainda que non eran da pedra.

As filloas son un prato que a día de hoxe descoñezo de proporcións exactas e sempre fago a ollo, e unha fórmula máxica dos sentidos que dís “xa está asi”. Desta vez troquei un pouco e fixen tamén filloas de chocolate e café que nunca antes  fixera. O método foi elaborar como é habitual o “almoado” e logo incorporarlle en cada un dos casos os elementos característicos, cantidade?? Pois a ollo e ao gusto de cada un.

As conclusións que saquei foron que a filloas de chocolate danlle un sabor interesante co seu amargor e dulcura a vez, repitereinas seguramente. Todos os compañeiros de piso chuparonse os dedos. As de café non lle atopei o punto exacto, o saben moi pouco a café ou chegán a empalagar demasiado, será interesante seguir investigando.

Como colofón o tradicional e sempre memorable receita das filloas con chourizo da casa, que rico!!!!!

Para aqueles que non puideron gustar destas dozuras, babear vendo as fotos ;-D

[slideshow id=17]