Pois quen ia ser o inventor do pan líquido en aerosol, pois o gran Marcelo Tejedor. Presentou o seu novo producto no encontro de cociña Madrid Fusión. O invento este é unha mestura que se presenta en aerosol semellante aos empregados para a nata. O contido do mesmo vértese nun molde e cuns poucos minutos no forno está listo para o seu consumo.

Para demostrar o seu uso o cociñeiro empregou un deste aerosois para cociñar ante o numeroso público asistente unha empanada aberta de berberechos en conserva, que coceu na propia lata dos berberechos, substituíndo previamente a auga dos mesmos por allada, para de seguido cubrir a lata co pan en aerosol e logo enfornar a empanada.

Unha vez sacada da lata, o prato foi rematado cun aceite de algas e un merengue salgado feito coa auga dos berberechos.

Agora aquí unha imaxen de cando coñecin a “especimen” de Marcelo, nunhas charlas no MACUF.

Marcelo Tejedor

Elena F. Baloira, Marcelo Tejedor e Bruno

Ainda recordo que quedara miña nai (Elena) pendente de explicarlle o asunto da nube de salmón, que fixera na Festa do Salmón do 2006.