Atención: o chiste que che faga o post será directamente proporcional ao coñecemento que teñas sobre linguaxes de programación. Quedas avisade@ ;)

Esta é da entrada orixinal en inglés titulada If programming languages were religions….

  • C sería o Xcudaísmo - É vello, restrictivo, pero a maior parte do mundo está familiarizado coas súas normas e respéctas. O problema é que non che podes converter, ou estás desde o principio, ou cres que é unha tolemia por completo. Tamén cando as cousas van mal a xente desexa culpar ao mundo cos seus problemas.
  • Java sería o Cristianismo Fundamentalista - Teóricamente está baseado en C, pero se pasa por alto tantas das antigas leis, que non se parece en absoluto. No seu lugar, engade o seu propio conxunto de normas novas e inflexibles, as cales os creyentes pensan que son moi superiores ás orixinais. E non sólamente estan seguros de que sexa o mellor idioma do mundo, senón que desexan queimar a aqueles que estean en desacuerdo.
  • PHP sería en Cristianismo de Cafetería - Peléxase con Java pola supremacía do mercado web. Colle algúns aspectos de C e Java, pero só os que lle gustan. Probablemente non sexa tan coherente como outras linguaxes, pero polo menos permíteche moita máis liberdade e mantén a idea principal das cousas. Tamén, o concepto “GOTO Hell” foi abandonado.
  • C++ sería o Islamismo - Baséase en C, e non sólamente mantén todas as súas leis, senón que engade un novo grupo de normas complexas encima das anteriores. É tan versátil que pode utilizarse para facer calquera cousa, desde as atrocidades máis xigantescas, ata as maiores obras de arte. Os seus seguidores están convencidos de que é a “Linguaxe Universal Definitivo”, e se enfandarán con aqueles que non estean deacuerdo. Tamén, se insultas ao seu fundador ou fundadores, probablemente sexas maltratado ata a morte polos seguidores radicais.
  • C# sería o Mormonismo - A primeira ollada, é o mesmo que Java, pero unha ollada máis en profundidade fará que che deas conta de que está controlado por unha única corporación (a cal moitos seguidores de Java opinan que é maléfica) e que moitos conceptos teológicos son bastante dieferentes. Tes a impresión de que sería bonito se todos os seguidores de Java deixasen de discriminarte por utilizalo.
  • Lisp sería o Budismo Zen - Non hai sintaxe, non hai dogma centralizado, non hai deidades. O universo enteiro está ao teu alcance - se estás o suficientemente iluminado. Algúns din que non é unha linguaxe en absoluto, outros, que é a única linguaxe que ten sentido.
  • Haskell sería o Taoísmo - É tan diferente do resto de linguaxes que a xente non sabe como se pode producir algu útil. Os seus seguidores cren que é o verdadeiro camiño cara ao coñecemento, pero ese coñecemento está bastante por encima de calquera mortal.
  • Erlang sería o Hinduísmo - É outra linguaxe estraña que non parece que poida ser útil para nada, pero a diferenza do resto de linguaxes modernas, está construído ao redor do concepto de varias deidades.
  • Perl sería o Vudú - Unha serie incomprensible de feitizos arcanos que envolve o teu sangue e corrompe permanentemente a túa alma. Utilizado normalmente cando o teu xefe pídeche un traballo urxente e son as 21h do Venres.
  • Lua sería Wicca - Unha linguaxe panteónico que pode ser fácilmente adaptado por diferentes culturas e lugares. O seu código é moi liberal e permite o uso de técnicas que poderían ser descritas como “máxicas” polos que están afeitos a linguaxes máis tradicionais. Ten unha conexión moi forte coa Lúa.
  • Ruby sería o Neo-Paganismo - Unha mestura de diferentes linguaxes e ideas batidas e convertidas en algo que se podería denominar “linguaxe”. Os seus seguidores crecen rápido, e aínda que todo o mundo míraos de forma sospeitosa, son ben intencionados e non teñen intencion de facer dano a ninguén.
  • Python sería o Humanismo - É simple, sen restricións, e todo o que necesitas ter é sentido común. Moitos dos seus seguidores din que se senten liberados das tonterías impostas por outras linguaxes, e que  acharon o pracer de programar. Hai algúns que din que é unha forma de pseudo-código.
  • COBOL sería o Paganismo Ancestral - Houbo un tempo no cal dominaba sobre vastas rexións e era importante, pero actualmente está morto, para o noso ben. Aínda que moitos estaban asustados dos rituais que pedían as súas deidades, algúns insisten en mantelo vivo a día de hoxe.
  • APL sería a Ciencioloxía - Hai unha chea de xente que di ser o seu seguidor, pero ti sempre sospeitaches que é unha xigantesca e elaborada broma que foise  de control.
  • LOLCODE sería o Pastafarismo - Unha crenza esotérica nacida en Internet que ninguén toma en serio, malia todos os esforzos para desenvolvelo e expandilo.
  • Visual Basic sería o Satanismo - Soamente que non necesitas vender a túa alma..