Quero agradecer ao meu titor e director, Miguel Ángel Rodríguez Luaces polo apoio, constancia e esforzo que tivo comigo neste proxecto. A todos os que me axudaron a contextualizar o cerne da pesca de baixura Manuel Parada, Gerardo Devesa e Rut Devesa para ter a perspectiva dos diferentes roles existentes no mundo pesqueiro. Tamén non quero esquecerme de Jorge Ribó Landín, xeógrafo da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) e Francisco Javier Filgueira Rodríguez, xefe do Servizo de Planificación que me proporcionaron unha visión máis técnica e legal da planificación pesqueira. Ao Servizo de Normalización Lingüística pola revisión lingüística e ortográfica desta memoria. A Emiliano e a Rial por axudarme a arrancar coa aplicación e sempre estar dispostos a botarme unha man de forma desinteresada.

Aos meus pais que ano tras déronme o apoio necesario para chegar ao final. Ao meu irmán David que é un artista. Aos meus amigos e compañeiros que día tras día facemos unha peregrinaxe histórica e non é a do Camiño de Santiago