Todo pobo síntese orgulloso das súas festas, de cara o exterior,son as mellores. Máis entre os veciños sempre estarán mal, ou terán cousas que corrixir. Isto é así porque forma parte da nosa tradición.

Os veciños que teñen a valentía de adicarlle o seu tempo libre, a organizar unhas festas, teñen que ser coñecedores dos limites. Isto sóese chamar “definir o escenario do problema de forma completa”, e claramente nas festas do San Paio 2009, non se fixo. Tampouco se definiron riscos, e están entre dito o orzamento.

En moitos outros concellos as festas xa son organizadas polo Concello, mais non é un obxectivo deles. Pero si que deben formar parte das comisións de festas, man a man, cos veciños. No caso da Estrada, tense un concelleiro de “Educación, Cultura e Normalización Lingüística, Novas Tecnoloxías, Festas e Mocidade”. Non é admisíbel que descoñecera a situación económica na que estaban as festas ata o dia da nova BOMBA. Sendo a súa area de goberno, a que maior financiamento aporta.e non ter ningún control sobre o mesmo.

No referente a compensación dos bonos, discrepo no que se día na Voz de Galicia:

“el asunto de los bonos quedará seguramente cerrado definitivamente sin unas compensaciones que podrían resultar algo egoístas por parte de quienes puedan pedirlas, dadas las circunstancias. ”

A xente ofrecéuselle un produto/servizo, que era moi bo. Posiblemente fose unha ganga, pero presuponse que hai un estudo de viabilidade. En calquera outro tipo de evento deste tipo, non se plantexan non velar polos intereses dos cidadáns/consumidores. A min persoalmente, non me chegaron nin a entregar o Bono, e o pagueino como todos. Que fago?? Como estudante non me choven todos os días 30 euros, detrás hai un sacrificio de aforro para poder comprar un bono, ao final desaparecéronme os cartos.

Creo que o que é egoísta é xogar cos aforros de todos os veciños, dunha forma descontrolada e sen ningún rigor. Realmente preocúpame a imaxe errónea que se pode dar da xestión dos fondos públicos.

Eu so reclamarei o meu bono cando coñeza todo o acontecido de forma completa e se fagan publicas as contas. As cales debían selo dende un comezo, para evitar males deste tipo. Simplemente creando unha paxina web onde se reflexan todos os gastos e ingresos.