A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo produciu un vídeo, moi interesante sobre A Rapa que foi amosado en Madrid e na Estrada o sábado pasado, eu estiven alí e pareceume bastante mal o pouco interese que despertou, xa que eramos pouca xente, espero que fose cousa da Eurocopa e non de indeferencia respecto a gran Festa que hai no noso concello.

Este ano a festa cadra nos días 4, 5, 6 e 7 de xullo.

O vídeo foi subido por Ruxe-Ruxe na Estrada e o evento foi organizado por Concellaría de Turismo e a Asociación Rapa das Bestas.