A cadea de hoteis británica Travelodge foi portada de revistas por ofrecer habitacións de luxo móbiles, agora decidiuse por construír un hotel prototipo no oestre de Londres con “contenedores” (colector). Cada habitación é un colector de aceiro. Cada un destes módulos , construidos en China, corresponden a unha habitacion e xa veñen coa instalación eléctrica, fontanería e cuberta, listas para montarse unhas enriba doutras e conseguir un hotel de 120 habitacións nun tempo record, 12 semanas.

Esta cadea hoteleira británica pretende aproveitar a rapidez na construción, e por tanto as súas posibilidades como edificación temporal, para converterse no maior operador de hoteis para a cita deportiva das Olimpiadas de 2012 en Londres, cun prezo por noite de 19 libras. As previsións da rede de 100 hoteis que Travelodge ten previsto despregar en España, polo menos 50 serán construídos co sistema de contenedores.

Aínda que resulta controvertido, Travelodge tamén asegura que se trata dun sistema de construción ecolóxico, xa que os módulos poden ser reutilizados tralo seu desmantelamiento e os seus materiais pódense reciclar.

[gallery]