A formación que reciben os Gardas Civiles aconsellase que tomen os datos dos vehículos que leven o adhesivo GZ. Según di o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), isto ocorreu nun curso para os membros do corpo en Pontevedra. Os distintivos sospeitosos son:

  • GZ
  • Unha bandeira galega coa estrela vermella
  • O escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”.

Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG), ao cal pertencen os seguintes colectivo:

  • PRE.S.O.S
  • CEIVAR
  • AMI,
  • BRIGA
  • ADIANTE
  • COORDINADORA DE ASEMBLEAS DE ESTUDANTES DA USC
  • AGIR
  • GREI
  • EI
  • NOS-UP
  • FPG
  • CUT
  • GALIZA NON SE VENDE
  • MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS
  • MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
  • FAZENDO MEMORIA HISTÓRICA
  • AGRUPACIÓN DE MONTAÑA AUGAS LIMPAS
  • ERVA
  • QUERCUS
  • SCD CONDADO
  • A.C. CALEIDOSCOPIO

Pois creo que tiñan que tomar nota daqueles que levan bandeira co aguilucho, o torito bravo, ou aqueles que leven a foto dun santo porque tamen son terroristas “talibáns cristiáns”. Pareceme unha verdadeira estupidez acordome cando tiñas o ford Fiesta na casa con matrícula de Bilbao e polo feito de ser unha matrícula de Euskadi erar sospeitosos, pois ao final nunca nos pararon con ese coche nos controis de tráfico e mira que meu pai é cazador e levaba ali moitas veces a escopeta.

Sen comentarios destes documentos, pero creo que o responsable do documento da Garda Civil debería dar a cara e explicar os motivos para chegar a esas absurdas conclusións.

Fonte: Vieiros