O muñeco do semáforo é un home ??
Pois hoxe lendo en vieros entero disto: “A Coruña convértese na primeira cidade do país que incorpora a figura dunha muller nos semáforos”.
Máis adiante na nova conta de que estes novos semáforos incorporan as últimas tecnoloxías en lentes que intercalan a figura do home e da muller. As miña preguntas a responsabel desta burrada é:
- ¿Precisamos destes semaforos?
- ¿Canto se encarece o prezo do semáforo?
- ¿Dende cando o monicreque do semáforo ten sexo? ¿Eu pensaba que ira unha icona que representaba as persoas (e as que non o son tamen xDD)?
- ¿Non é mais necesario incorporarlle unha bucina aos semáforos que non a teñen para que os invidentes non teñen problemas a hora de cruzar a rúa?
Máis adiante na nova de vieros dinos que a concelleria responsabel Margarida Vázquez (BNG), di que “estamos procurando saír dun mundo absolutamente masculinizado”. Señora non sei en que mundo vive hai cousas máis importantes que andar con tonterías destas nos semáforos, recordolle que esta iniciativa non ten nada que ver co “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, que vostede estaba a celebrar.
Os lugares onde van instalar estas trapalladas son: na Marina, calle Ramón y Cajal frente o Centro Comercial Catro Camiños, avenida Alfonso Molina á altura de Fernández Latorre, na avenida de Finisterre co cruce da calle Barcelona e o de Juan Flórez á altura de Cabo Santiago Gómez.
A aos señores de vieros, hai que mirar un pouco por google antes de decir que A Coruña é a pioneira neste tipo de “trangalladas” porque o ano pasado en Lugo xa tiñan esa carallada gasta cartos públicos. Podedes ver a nova nesta ligazón (no Pais)