A demencia avanza máis rápido nos pensadores
As últimas investigacións mostraron que existe un enlace entre a cantidade de educación que alguén recibiu e o ritmo do declive mental dos seus cerebros por mor da demencia. A investigación afirma tamén que a maior educación, máis tardará ese declive en aparecer, pero que ao mesmo tempo, o seu grao será maior. O estudo mostrou que unha persoa con 16 anos de formación educativa experimentará un declive mental ou 50% máis rápido que alguén que só acudise á escola durante 4 anos. Este veloz declive podería explicarse pola habilidade que teñen as persoas cultas para manter as funcións cerebrais a pesar dos danos sufridos. As probas de memoria mostraron que a perda acelerada de memoria naquelas persoas máis cultivadas chega catro anos despois do diagnóstico da demencia, en comparación cos 5,5 anos que transcorren nas persoas cun menor grao de educación.
Resumido de More School = Steeper Slide To Dementia?