Facer xeo instantaneo
Este video explica como facer xeo instantaneo. Para elo necesitaras:
- Acetato de sodio
- Auga
- Unha pota
- Algo para remexer
[coolplayer width=”400” height=”300” autoplay=”0” loop=”1” charset=”utf-8” download=”1” mediatype=””] Xeo instantaneo [/coolplayer] Como conseguir o acetato de sodio??
Trátase dunha disolución sobresaturada de acetato de sodio en auga. Esta é moi sinxela de conseguir mediante vinagre e bicarbonato sódico, sustancias que todo o mundo ten na súa casa.
Para facer o acetato de sodio tede en conta estas proporcions. 84 gramos de bicarbonato sódico reaccionan con 750 ml de vinagre ao 8% para formar 82 gr de acetato de sodio en auga, que despois deberemos refinar para conseguir unha concentración maior ou separar totalmente o acetato. Unha vez temos o acetato de sodio, debemos de crear a disolución e logo arrefriala como explica o vídeo. O bo de todo isto é que é reutilizable unha e outra vez, unicamente fervendo a disolución e volvendoa a arrefriar na neveira.