Redes Sociais, a privacidade entre dito
Nunha entrada anterior analicei moitos dos perigos que teñen as redes sociais. Neste caso tocalle a máis popular de todas facebook. Normalmente nesta aplicación só podes ver as fotos dunha persoa que teñas agregada comoa amiga e te autorizara. Pero isto non é seguro ainda que o fagan ver así, pois xa é posible ver as fotos de calqueira persoa ainda que non sexa amig@ ou te teña bloqueado. Este pequeno truquiño atopeino en geektheplanet.net
Este pequeno truquillo (fallo de seguridade) serve para ver as fotos de calqueira e é posibel grazas a API que nos ofrece Facebook, para desenrolar aplicacións. Neste caso concreto podes crear consultas SQL, sobre as bases de datos, e obter as urls dos diferentes albums desa persoa.
Para elo é preciso obter o ID do perfil da persoa a que vamos verlle as súas fotos. Este ID atopase na URL do perfil, normalmente ven neste formato http://www.facebook.com/profile.php?id=xxxxxxxxxx onde xxxxxxxx é o ID do perfil. Unha forma de obtelo e darlle no boto de agregar como amigo, non se vai agregar ainda porque precisa unha confirmación previa para enviar a solicitude de amizade.
A continuación tes os pasos para ver as fotos de calqueira no Facebook.
- Entra na ferramenta de desenrolo de aplicacións do Facebook
- Nela tes unha pestaña que di: “Plataforma para Probar API” no lado esquerdo en Formato de resposta elixes Facebook PHP Cliente.
- Agora mais abaixo en Método elixe fql.query
- Agora debaixo aparece un campo chamado query, e escribemos a seguinte consulta sql. Pero hai que reemplazar xxxxxxxxxx polo ID do usuario que queres cotillear.
SELECT name, link
FROM album__
WHERE owner=xxxxxxxxxx
-
Presiona no botón que dí Método de chamada e do lado dereito vaiche sair un código cun Array, que será semellante a este:
Array ( [0] => Array ( [name] => Nombre el álbum [link] => http://www.facebook.com/album.php?aid=xxxxx&id=xxxxxxxxxx ) )
- Neste código pode ter varuas URL’s como esta, URL corresponde a un album.
- A URL que vas a copiar é só a que está en negriña.
- Pega a URL na barra de direccións do ten navegador e listo, a cotillear en calqueira sitio :-D
Así que agora en diante pensao ben antes de subir fotos privadas ao Facebook porque como podes ver calqueira pode hackear Facebook e ver as fotos.