As autoridades da competencia de Italia impuxeron unha multa de 60.000 mil euros a Tele2 por filtrar o tráfico P2P dos seus clientes sen previo aviso nas condicións contractuais.

Tele2 foi denunciada pola asociación ADUC, que a acusaba de publicidade enganosa. A razón é que mentras o sitio web de Tele2 menciona que a súa ADSL non ten límites de tráfico, a velocidade dos programas P2P reduciase prácticamente a cero en determinadas franxas horarias. Un representante da empresa afirmou que o realizan co fin de mellorar a calidade de servizo.

Para ADUC “o operador ten o dereito e o deber de manexar o tráfico, pero debe facelo conforme aos criterios de obxectividade, transparencia, non descriminacion e proporcionalidade”. Esta asociación animou aos usuarios a presentar queixas formais ante o órgano de competencia, colgando un modelo de carta no seu sitio web.

Fonte: theinquirer.net