Xa existe unha resposta á crise e á conciencia ecolóxica actuais: un cargador de teléfonos móbiles con múltiples vantaxes, que utiliza unha clásica dinamo de bicicleta cono fonte de enerxía.

A tecnoloxía punteira non sempre precisa de deseños avanzados e complicados desenvolvementos de I D i, moitas veces é suficiente con apuntar na dirección correcta na procura de solucións.

cargador

O cargador de teléfonos móbiles da foto teno todo:

  • É ecolóxico, non produce nin CO2, nin residuos de ningún tipo (un pouco de suor se seica).
  • É san, dado que nos obriga a pedalear un pouco máis forte do normal.
  • É útil sempre, dado que nos permite cargar o móbil en lugares ou momentos que non dispoñamos de rede eléctrica.
  • É económico: sen mantemento, e sen custos engadidos.

O concepto é obra do diseñador Oscar Ihermite, que conta que 90 minutos son suficientes para unha carga completa, pero que un simple paseo serve para o consumo diario.