E despois do 19N?
A miña valoración da folga informática do 19N en Coruña é de que foi un éxito rotundo en implicación e participación. Pero esta será a última? Ogalla fora, pero teremos que seguir en loita ata que se nos recoñezan os nosos dereitos. Xa esperamos 15 anos e non imos esperar mais, combateremos por eles ata que teñamos as nosas atribucións e senos trate como enxeñeiros de primeira.
Para que serviu esta manifestación? Primeirante como medidor da implicación do sector que claramente é alta, fumos máis de 3000. Para que os medios foran coñecendo a nosa situación ainda que fose de forma tenue, xa que non tivo a repercursión que debería ter. Ainda así no contorna nosa local ofrezeronselle varias entrevistas as representantes de estudantes e unha ao decano da FIC (Alberto Valderruten), onde dí claramente:
“Llevamos más de veinte años pidiendo a los sucesivos gobiernos que regulen nuestras competencias profesionales, pero todavía no les ha dado la gana de hacerlo”
Espero que sexa unha errata da xornalista, e non do Decano. Son atribucións e non competencias polo que loitamos.
Hoxe catro reitores (USC, UPV, UNICAN, UMA ) presentarán un manifesto e reclamarán ao ministerio que axilice o trámite da nosa regulación.
Seguimos en loita!!! recordo un dos mellores berros do 19N:
Se isto non se amaña CAÑA CAÑA CAÑA
Se isto non se arregla GUERRA GUERRA GUERRA
Na proxima visita TRAEREMOS DINAMITA
Na proxima ocasion TRAEREMOS UN CAÑON!!!!!!!!!
Fotos do 19N: www.comitesfic.org