O lobo Boloña!!!
Recentemente hai unha explosión de comentarios de información e desinformación nas Enxeñerías Informáticas referentes aos planos Boloña nos nosos estudos.
Sorprendeme que o PP agora esté interesado nas nosas atribucións, xa que se estamos neste fregado é gracias a eles o PP e o actual goberno do PSOE. Pero este problema xa viña de antes, ainda que moitos o descobren agora, temos como exemplo esta nova: “Manifestación de informáticos en el SIMO”, […] Estudiantes de Ingeniería Informática piden una regulación de la profesión a las puertas de Ifema[…]. O referente ao artigo do Colexio de Informaticos de Andalucía ten un tono algo alarmista, pero no fondo o que expón é certo.
A eliminación dos estudos de enxeñería informática non vai ocurrir, de feito hai universidades que están elaborando os plans de estudos en Grao.
Na lei de adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior, o Goberno central dispuxo que os plans de estudos das titulaciones asociadas ás profesións reguladas deberán axustarse ás súas leis de atribuciones. Este axuste materializase na “ficha de grado” de cada titulación, que é un compendio de contidos e competencias que deben ter os titulados. Hai que ter en conta que “competencias” non é o mesmo que “atribucións”. As competencias son “aquilo que se sabe facer”, mentres que as atribuciones son “aquilo que a Lei che faculta para facer”.
Para as profesións non reguladas (como a nosa) non hai fichas, polo que cada universidade pode facer o que considere oportuno, mentres as titulaciones respondan a uns mínimos moi xenéricos. Na enxeñeria en telecomunicacións (que si está regulada) hai ficha, e nela incluíron moitas competencias que son do noso ámbito. Nós non temos ficha, así que a carreira que vai ter recoñecidas oficialmente as nosas competencias van ser os Enxeñeiros en Telecomunicacións.
A sitaución é crítica, pero ainda temos marxen de maniobra. Para elo é preciso o compromiso e traballo de todos. Non podemos relaxarnos pero todos xuntos e unidos somos capaces de solventar este entorto, que somos ENXEÑEIROS!!! e savemos solventar todo tipo de problemas.