O Neo FreeRunner, será o mellor mobil ??
O 4 de xullo sae á venda nos EUA o primeiro móbil completamente libre, que non de balde. O Neo FreeRunner é completamente personalizábel e modificábel, por estar baseado na plataforma OpenMoko.
O aparello leva como sistema operativo GNU/Linux e, aínda que só inclúe software básico para facer chamadas, enviar e recibir mensaxes e manexar contactos, permite que os usuarios creen e instalen as súas propias aplicacións. Así, haberá actualizacións do software do teléfono, como unha no mes de agosto que prevé incluír servizos de localización.
Non só é libre o seu software, senón tamén o seu software, polo que están dispoñíbeis os deseños para poder fabricar carcasas personalizadas, no caso de que algúen teña interese e capacidade para facelo.
O teléfono véndese a 399 dólares (255 euros) na web de OpenMoko e, evidentemente, está liberado para o seu uso con calquera operador. Dispón de pantalla táctil, wi-fi, GPS, sensores de movemento para axustar a visualización segundo a posición do teléfono, bluetooth e entrada de tarxetas microSD. Non ten, porén, cámara de fotos.
Fonte: Vieiros