Youtube permitirá transmitir en directo
Fai unhas semanas que se fala da posibilidade de que o maior portal de vídeo de internet, Youtube, entrase no mercado da emisión de vídeos en directo. Os seus fundadores evitaran ata agora as preguntas respecto diso pero nunha entrevista concedida esta semana un deles, Steve Chen, confirmou que este servizo chegará nos próximos meses.
Sara Meyers, de Pop17, conseguiu a exclusiva nunha entrevista realizada a Chen no transcurso dun encontro tecnolóxico. Nela o creador de Youtube afirma que a súa compañía disponse a ofrecer un servizo de vídeo en directo para todos os internautas en 2008.
“É algo que sempre quixemos facer, afirma, pero nunca tivemos os recursos para afrontalo correctamente”, afirma Chen. “Agora, con Google [propietaria do portal], esperamos poder ofrecelo este ano”.
Como sempre que o xigante das procuras irrompe nun novo sector, xorden as preguntas sobre como afectará a súa entrada ás empresas xa establecidas. No caso da oferta de vídeo en directo, poida que a chegada da súa división Youtube merme as posibilidades de proxectos como UStream , Mogulus o Justin TV.
Tamen hai que ter en conta que Yahoo! lanzou o Live Yahoo! que é unha plataforma de emisión en tempo real
Via: 20minutos