Park Assist, ¡O coche aparca só!
Park Assist é o novo sistema incorporado nos Volkswagen Touran. ¿Que é iso? Vexámolo no seu anuncio ( é simpático) :
[youtube 9TdZvGOEAkY nolink]
Como imaxinas, Park Assist é unha nova tecnoloxía que fará mais sinxela a tarefa de aparcar, o noso coche, de forma que só teras que acelerar e frear.
¿Como funciona a tecnoloxía Park Assist?
Para empezar a utilizar esta tecnoloxía basta con pulsar un botón para activar Park Assist.
O primeiro que realiza é unha tarefa para comprobar se o sitio é o suficientemente grande comp para aparcar (30 km/h aprox.) , activando o intermitente esquerdo ou dereito, dependendo en que zona queiramos realizar o estacionamento.
Acto seguido e se o aparcamento é adecuado, ao introducir a marcha atrás, Park Assit tomará o control do volante e fara as maniboras necesarias.
Realizando manualmente as accións de freno e aceleración, (máx. 7km/h), Park Assist estacionará, dando posteriormente a posibilidade de correción e alineación do vehículo se estima oportuno.
Podeis informaros máis acerca de Park Assist e o Volkswagen Touran, con videos interactivos e información técnica na seguinte ligazón: Wolkswagen Touran.
Algunhas preguntas poden ser:
- ¿Que problemas lle ves ao sistema?
- ¿Crees que se comenzará a utilizar e incorporar en todoslos coches?
- ¿Realmente é unha utilidade?