Ruta Coloreada
Un israelí de orixe rusa resolveu un problema matemático que estaba pendente de solución desde que se expuxo fai case corenta anos.
Segundo informou hoxe o diario Jerusalem Post, o autor do achado é Avraham Trakhtman, de 63 anos, que emigrou nos setenta a Israel desde a rexión dos Urales.
Con só o seu cerebro, un lapis e un papel, o emigrante resolveu o “Problema da Ruta Coloreada”, que permanecía sen solución desde que o expuxo en 1970 un equipo de matemáticos dirixido polo profesor Binyamin Weis.
Aínda que ten varias versións, a formulación máis simple do problema é a seguinte: Como alguén que chega por primeira vez a unha cidade cuxas cales non teñen nome pode atopar unha casa con indicacións de “agora á esquerda, agora á dereita”.
A resposta de Trakhtman a ese enigma será publicada proximamente polo Diario Israelí de Matemáticas pero xa comezou a circular entre os medios especializados.
A solución do problema esta na seguinte url www.cs.biu.ac.il/~trakht/roadcolo.pdf