Cadaquén que empregue computadoras xa sabe o que é arrastrar e soltar (drag & drop). Pois agora acontece que a Yahoo! pretende acadar unha patente sobre un método intelixente desta coñecida funcionalidade. Chámana ‘smart drag & drop‘…

Y! quere patentar drag and drop

O sitio portugués Tux Vermelho sinala como fonte á EFF (Eletronic Frontier Foundation) sinala que é:

Un método implementado en computadora para manipular obxectos nunha interface de usuario que consta de: - fornecemento dunha interface de usuario que inclúe un obxecto manipulable para ser seleccionado e movido coa interface de usuario e, - en resposta á selección e movemento do primeiro obxecto na interface do usuario, presentar alomenos un obxecto de interface adicional na interface do usuario en proximidade do primeiro obxecto, cada interface adicional representando un obxectivo a soltar co que a primeira interface pode ser asociada.

Estamos perante o canto do cisne de Yahoo! ?

Non ás patentes

Via: agnix.org