Futoroloxía Informática
Algunhas das predicións informáticas mais interesantes da informática que ao final fallaron.
1978-. Ves isto? É unha ficha perforada. Se queres aprender informática, mais vale que saibas lelas e escribilas ben, porque as beiras durante toda a túa vida.
1979-. Se queres aprender a programar, aprende RPG-II, nunca faras nada nesta vida se non dominas RPG-II e o S/34 de IBM
1980-. Nunca haberá unha maquina máis potente que o Apple II. Son, disquetera, que mais pode ter un computador?
1981-. 640K deberían ser suficientes para todo o mundo (Bill Gates, presidente de Microsoft)
1982-. O realmente potente é Atari. non creo que ninguén lles quite o sitio como maquina potente para edición musical e xogos.
1985-. Commodore é quen vai dominar o mercado. Levan moitos anos vendendo ordenadores persoais, e dixéronme que van sacar un que se vai a chamar Amiga que vai ser a maquina definitiva?.
1987-. Os computadores nunca poderán substituír ás maquinas de videoxogos nin en son nin en capacidades gráficas.
1989-. TCP/IP? Deixate de parvadas marcianas. O protocolo para LAN que peta é Appletalk.
1990-. Deixate de sistemas operativos estranos (Unix) e usa MS-DOS. O DOS nunca desaparecerá?.
1992-. Se queres traballar en informática, o mellor é que programes en hypercard (Mac). Hipercard esta crecendo moitísimo de versión en versión?
1992-. Linux ( o kernel) está obsoleto, sendo monolítico e demasiado ligado á arquitectura i386, pronto deixase de ser útil conforme avancen os desenvolvementos do hardware?. (Andrew Tanenbaum)
1994-. O mellor traballo é a “programación” en HTML. mira son só 15 etiquetas e nun momento fas unha páxina?..
2000-. Microsoft sacou a version Windows ME. É o momento ideal para comprar unha maquina que me dure outros 10 anos?.
2007-. Oiches!?? Os usuarios de Linux din que xa hai alternativas a Microsoft nos PC de escritorio? ¡Que Inutileeesss?..!