Freemium
Existe un modelo de negocio que ultimamente gañou moita popularidade sobre todo coas compañías relacionadas coa Web 2.0, consiste en ofrecer servizos básicos gratuítos, e por outros servizos máis avanzados ou especiais cóbrase. A palabra freemium é un acrónimo creado de combinar os dous aspectos do modelo de negocio: “free” (gratuíto) e “premium”. O modelo de negocios foi acuñado por primeira vez polo investidor Fred Wilson en marzo do 2006.
Algúns exemplos son:
- Flickr, é gratis con funcións bá¡sicas e capacidade limitada, pero para capacidade ilimitada ten custo anual.
- Box.net, se non pagas só tes 1GB de almacenamento, pero por almacenamento adicional necesitas pagar.
- Skype, as chamadas entre a mesma rede son gratis, pero as que se fan a outras redes teñen custo.
- 37signals, ten servizos como basecamp que ten funcións básicas pero para máis opcións é necesario pagar.
- Newsgator este lector de feeds é gratuíto pero se o queres sincronizar con Outlook e o teu teléfono mobil é un servizo de pago.