Navegación anónima
Cando navegas por Internet, o sitio que visites anotará a túa dirección IP, dato que en unión das peticións rexistradas por un proxy serán suficientes para coñecer quen realizou que petición e a que hora.
Para obviar estes rexistros e navegar anonimamente hai que utilizar un servizo web de anonimato, que son uns servidores que recollen as peticións, as reexpiden ao servidor solicitado, reciben a resposta e envíancha, co que o web visitado rexistra a dirección IP do servidor anónimo e non a túa. É simple.
Estos son algúns dos servidores anónimos:
- @nonymouse nonymouse.com/anonwww.html
- Anonymizer anonymizer.com
- Autistici www.autistici.org
- IDzap www.idzap.com
- Megaproxy www.megaproxy.com
- Send FakeMail www.sendfakemail.com/anonbrowser
- The Cloak www.the-cloak.com