-————————————————–

Non quero pagar un imposto que me insulta, que me acusa de roubar o traballo doutros autores. Non quero dezmos preventivos por gravar os meus debuxos nun DVD.

O canon é un castigo á cultura, ao creador e ao usuario doméstico e profesional de discos duros, reprodutores, móbiles, dvd´s e unha longa lista de aparatos que forman xa parte da nosa vida cotiá.

O Canon dixital é un roubo.

É tan estúpido como pretender impor un imposto aos caixóns onde gardo as follas debuxadas.

A Viñeta de hoxe é tan explícita como necesaria, xa que o único que nos queda é dicirlles un NON gordo para que o xoves téñano en conta, xa nolo fixeron uns e ratificaron outros coa LSSI…outra vez dirémoslles NON

Esta é a proposta de orde ministerial conxunta para regular as contías e os soportes suxeitos ao canon dixital que foi remitida ás entidades de xestión e ás asociacións de fabricantes de equipos.

Os Ministerios de Cultura e de Industria propón que os CD-R estean gravados cun canon de 0,17 euros, os teléfonos móbiles ou PDA -que dispoñan de MP3-, con 1,5 euros, e os MP3 e MP4 con 3,15 euros, segundo informaron hoxe nun comunicado ambos os departamentos. Nesta relación de soportes e tarifas proponse tamén que os DVD-R pasen de estar gravados con 0,60 euros a 0,44 euros (-26,6%); mentres que para os escáner mantense un canon de 9 euros; as gravadoras de CD seguirán gravadas co mesmo canon, 0,60 euros; mentres que as gravadoras de CD e DVD pasan de pagar 6,61 a 3,40 euros (-48,5%).

Artigo MOI INTERESANTE no xornal público: SGAE: la punta del iceberg de un entramado societario