Web 3.0Ainda que non o comentei na charla-taller de CMS da kutruparty, existe un novo concepto aparte da web 1.0 e 2.0, é o chamado web 3.0.

O término web 3.0 é asociado pola prensa ao concepto da web semantica que estase desenrolando baixo a tutela de Tim Berners-Lee, o mesmo que inventou a web aos inicios dos 90.

A idea é moi vella, os contidos das páxinas web’s son dificilmente entendibles polos ordenadores e so teñen significado para as persoas. O obxectivo é engadirlle información adicional para que poida ser entendible polas computadoras empregando técnicas de intelixencia artificial, co cal lograriase mellorar a obtencion de coñecemento ata o mento reservado as persoas.

Trátase de dotar de significado as web’s e ahi ben o nome de web semántica ou web 3.0.

En París iniciouse onte a cuarta edición de Le Web 3.0, unha xuntanza onde especialistas e usuarios se reúnen a falar do futuro de Internet. As conferencias pódense seguir en vivo en vídeo, a través do seu sitio web.

Máis información: