Sarkozy contra as descargas ilegais
A pequena piratería ten as horas contadas en Francia se segue adiante o acordo subscrito entre o presidente da República, Nicolas Sarkozy e asociacións musiciais, de cine e de proveedores de acceso a Internet. A partir de agora, quen descargue ilegalmente contidos, será desconectado da rede.
Sarkozy pretende con esta medida que Internet comece a ser un “espazo civilizado” e non un constante atraco para os productores de ben culturais.
Malia que a medida represiva de desconexión tan só se levará a cabo cando os internautas realicen descargas ilegais persistentes de música e películas e tras dúas “advertencias” a través do correo electrónico, as asociacións de defensa dos consumidores xa puxeron o grito no ceo, por considerar que esta política represiva vai contra numerosos principios constitucionais, en particular, contra o que garante a presunción de inocencia.
Fonte Vieros.com