Creo que lin isto fai días na “Vanguadia” que un hacker informático foi detido logo de intentar estafar á irmá do xogador do FC Barcelona, Ronaldinho. Logo de conseguir entrar no correo da irmá de Ronaldinho conseguiu a información necesaria para pedir 2 transferencias de 400.000 euros.

O banco estivo a piques de realizar a transferencia, pero as contas non tiñan saldo suficiente. A noticia non debería ser o intento de estafa (un máis), senón que un banco (non se di cal) autorizase tranquilamente semellante transferencia cunha orde emitida desde unha conta de correo de Hotmail…(manda truco) Ou polo menos iso é o que conta o xornalista: só a falta de saldo suficiente fixo que saltase a lebre. Como di o refrán, a avaricia rompeu o saco

¿Que é un Hacker:? http://es.wikipedia.org/wiki/Hacker