Mac OS X Leopard
Dende este venres ás seis do serán (hora galega) xa se pode mercar a nova versión do sistema operativo de Apple para os seus computadores. O agardado Mac OS X 10.5, alcumado Leopard, véndese nos EUA por 129 ou 199 dólares, máis barato ca o Windows pero, tamén, máis caro ca as distribucións de Linux.
A nova versión dá un paso máis na facilidade de uso, unha das principais características dos sistemas de Apple, con máis de trescentas novas funcións e, sobre todo, un novo aspecto aínda máis atractivo: