Atópase dispoñible a versión 0.9642 de Super Disco Grub ou Grub Super Disk, aplicación orientada ao rescate de sistemas: arranque e/ou restauración de arranques, ou o que é o mesmo un simple disco Grub ao cal engadir menús con opcións habituais sen necesidade de usar comandos, que se presenta en diferentes formatos autoarrancables, nun disquete ou nun cdrom ou nun usb e que permite entre outras cousas:

  • Activar particións
  • Arrancar particións
  • Arrancar MBRs
  • Arrancar o teu antigo SO (un linux ou outro). Realmente carga o menu.lst do teu PC
  • Restaurar Grub no MBR automáticamente
  • Cambiar teclado de consola
  • Multiidioma
  • Intercambio de discos duros en BIOS e arranque de disquete / cdrom / particións…

Para más información: web do proxecto. Alternativas: sgd.howto-linux.de e sgd.benjamin-butschko.de.