Antonio Viana-Baptista director xeral de Telefónica acaba de anunciar o lanzamento inminente de DUOS e TRIOS de 10 megas.

A compañía estenderá os 10 megas ao fogar co lanzamento de novos DÚOS e TRÍOS. A cobertura do servizo será superior 50 por cento dos fogares. Outro dato importante é que o directivo fixo fincapé en que a velocidade será real. Asímismo anunciou o lanzamento de 30 megas sobre fibra no primeiro trimestre de 2008 nas chamadas “zonas dixitais” (Madrid e Barcelona inicialmente). O prezo do novo Duo a 10 megas será de 44,90 euros, polo tanto aqueles usuarios que queiran migrar de 3 a 10 megas terán que pagar 5 euros máis ao mes. O cambio implica tamén que o susuarios que teñen módem USB teñen que adquirir un router compatible con ADSL2 . O prezo do TRÍO que inclúe Imagenio a 10 megas será de 48,90 euros ao mes. Aínda que aínda non teñen o permiso da Comisión de Mercado das Telecomunicacións, o director xeral de Telefónica manifestou que o regulador non se oporá ás novas ofertas que serán lanzadas de forma inminente.

A mala noticia é que os 10 megas manterán os 320 kbps de subida que teñen os 3 megas. En calquera caso, un dos responsables da operadora confirmou que aumentarán a velocidade de subida cando sexa posible.

Novas funcionalidades en Imagenio Ademais do incremento de velocidade e da incorporación de novas canles, a Televisión IP de Telefónica disporá dos seguintes servizos:

  • REWIND TV : permite rebobinar a TV en vivo ata o momento en que sintonizó a canle que se está vendo
  • SHIFT TV: ofrece a posibilidade de pausar a TV en vivo.
  • GRAVACIÓN: agora os clientes poderán gravar os seus programas e ata programar gravacións.

Serán 30 e non 50 megas

Para rematar confirmaron o lanzamento oficial de 30 megas no primeiro trimestre de 2008. Non falaron de prezos pero si das previsións que ten a operadora para ter o 25% dos clientes con 100 megas en 2009.

Fonte: http://www.adslzone.net/