Unha sentenza xudicial en Francia devolve o importe dun Windows preinstalado
Un xuíz francés vén de ordear a devolución do importe dun sistema operativo Windows preinstalado nun computador Acer. O consumidor despois de facer varias xestións conseguiu que se lle devolvesen 30 euros pero, non satisfeito, decidiu seguir coa vía xudicial. O tribunal doulle a razón e Acer indemnizarao con 311,85 euros e farase cargo dos gastos do xuízo. O Instituto da Globalización, grupo de expertos ligado á Unión Europea, recomendou recentemente a venda de computadores sen sistema operativo preinstalado.
As razóns polas que se defende a venda de computadores sen sistema operativo preinstalado son basicamente dúas: maior liberdade de elección do consumidor, coa conseguinte baixada de prezos, e fomentar a libre competencia.