Multiplicar a capacidade da memoria do ordenador
Un equipo de científicos deseñou un dispositivo que permitirá multiplicar a capacidade de almacenaje de información das memorias de ordenador, explicou o codirector do traballo e membro do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona, do CSIC, Josep Fontcuberta.
Neste estudo, publicado no último número da revista Nature Materials, demostrouse que utilizando materiais multiferroicos, que presentan propiedades magnéticas e ferroeléctricas simultáneamente, pódese conseguir que cada chip conteña ata catro combinacións deste tipo, multiplicando a súa capacidade de almacenar información.