A enciclopedia colaborativa Wikipedia podería ter que pechar as súas portas, posto que só dispón de fondos para os vindeiros catro meses.

Florence Devouard, a directora da Wikimedia Foundation, dixo na conferencia Lift07 que este proxecto podería acabar desaparecendo.

A Wikipedia precisa de ao redor de 1 millón de dólares ao ano para seguir funcionando, e de feito este ano xa atopou 1,1 millóns. Con todo, Devouard afirma que necesitan cinco millóns para manter as súas operacións.

A consistencia deste proxecto demostrouse de novo, xa que os comentarios de Devouard foron eliminados e reemprazados por outros de representantes da Wikipedia que negan tales afirmacións. Sandy Ordonez dixo que o comentario de Devouard foi moi esaxerado e que a Wikipedia non pechará a curto prazo. Afirmou que Devouard só estaba referíndose ás necesidades económicas ás que calquera organización sen ánimo de lucro enfróntase.

Fonte.